3 de Outubro de 2026
  • ‘Club Kid’ e ‘KIRO’ fanse coas Calpurnias ás Mellores Películas nunha Gala de Clausura que homenaxeou a traxectoria de Charo López e recoñeceu a ‘El mal hijo’ de Jaime Lorente como Mellor Ópera Prima.

No OUFF · Ourense Film Festival puxemos este sábado o punto final á súa 31ª edición cunha emotiva Gala de Clausura no Auditorio Municipal de Ourense. A cerimonia, conducida pola xornalista Noelia Rey e o presentador Luis Larrodera baixo a dirección de Iván Iglesias, reuniu a profesionais do audiovisual, premiados e a un público entregado para celebrar unha semana inesquecible de cinema e encontros.

Palmarés da 31ª edición

A noite percorreu os grandes triunfadores do festival, destacando a entrega das máximas distincións da competición:

  • Calpurnia á Mellor Película Internacional: Club Kid, de Jordan Firstman.

  • Calpurnia á Mellor Película Panorama Galicia: KIRO (recollido por María del Carmen Quiroga, filla de Ana Kiro).

  • Premio Ópera Prima: El mal hijo, de Jaime Lorente.

  • Premio Especial OUFF a toda unha traxectoria: Charo López, quen recibiu unha calurosa ovación entregada por Francis Lorenzo.

Sección Oficial Panorama Galicia:

  • Mellor Interpretación: Elena Seijo (Walking Holiday).

  • Mellor Guión: Cian Desmond (Walking Holiday).

  • Mellor Dirección: María Aparicio (A veces me entra tristeza, otras veces rebelión).

  • Mellor Curtametraxe Panorama Galicia: Baja la marea, de Óscar Villarroya.

  • Mellor Curtametraxe Internacional: Vital, de Amir Zargara.

  • Premio do Público Panorama Galicia: KIRO.

Sección Oficial Internacional:

  • Mellor Dirección (Premio Carlos Velo): Myrsini Aristidou (Hold Onto Me).

  • Mellor Interpretación: Jessica Reynolds (The Wolf, the Fox & the Leopard).

  • Mellor Guión: Cristian Mungiu (Fjord).

  • Premio Especial do Xurado: La Maison des femmes (La casa de las mujeres).

  • Premio do Público Internacional: La Maison des femmes (La casa de las mujeres).

Unha comunidade unida polo cinema

Durante a gala, o director artístico do festival, Óscar Doviso, quixo destacar a conexión única acadada co público: «Volvemos facer comunidade arredor do cine. Mentres haxa historias que contar, persoas dispostas a contalas e espectadores dispostos a escoitalas, teremos unha razón para seguir aquí».

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirmou o apoio institucional ao certamen: «Ourense quere cine, sabe facer cine e sabe acoller o cine. O apoio á cultura é unha inversión na nosa identidade e na nosa economía». A velada contou tamén coa emotiva actuación musical do grupo Escuchando Elefantes e pechouse coa proxección de El mal hijo.

PROXECCIÓNS DOS FILMES GAÑADORES NO TEATRO PRINCIPAL

Os espectadores poderán gozar de novo das películas premiadas no Teatro Principal:

  • Domingo 4 de outubro (11:00 h): KIRO (Calpurnia á Mellor Película Panorama Galicia).

  • Domingo 4 de outubro (17:30 h): Club Kid (Calpurnia á Mellor Película Sección Oficial Internacional).

  • Xoves 8 de outubro: Re-proxección de La Maison des femmes (Premio do Público Internacional) e a Película Sorpresa para posuidores do Bono 10+.